Noraboa ás nenas e nenos do colexio que participaron na VI Liga de Natación Escolar pois acadaron uns magníficos resultados.
A nivel individual destacar a Alejandro Porrúa e a Daniela Del Río, ámbolos dous estudantes de 2º de primaria, que obtiveron o 1º e 3º posto respectivamente en categoría Promesa.
Pero ademais dos éxitos individuais hai que sumar os excelentes resultados do resto do equipo que representou ao colexio: Laura Sánchez de 3º, Marta Puente e Aldara Maggi de 4º, Rubén Alba, Brais Fariñas, Nicolás Rodríguez e Pedro Fernández de 5º e Ylenia Sánchez de 6º; xa que, grazas ao esforzo de todos, o equipo quedou nunha magnífica 2ª posición na clasificación por colexios.
Estamos moi orgullosos de vós! Noraboa equipo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario