jueves, 28 de febrero de 2019

Bieito Rodríguez - skateboard

 
Bieito estuda 6º de infantil no colexio e adica parte das súas horas de lecer a adestrar na WS Skateboard School.
O pasado día 23 de febreiro celebrouse en Arteixo a 2ª proba do Circuito Galego Junior de Skateboard.
Bieito competía por primeira vez nesta proba e, tras dar mostra da súa habilidade sobre a táboa, quedou campión da súa categoría (sub6).
Podedes ver parte da súa participación no circuíto aquí.
Noraboa Bieito, estamos moi orgullosos de ti!



lunes, 18 de febrero de 2019

Aldara Balboa - patinaxe artística

Aldara competiu esta fin de semana co seu equipo do Club de Patinaxe Artística Condado no campionato Galego de grupos Show celebrado en Tui,
quedando subcampionas de Galicia de Grupos de Show en categoría Junior.
Esta posición que dálles paso ao Campionato de España que se celebrará o vindeiro 22 e 23 de marzo en Alcoi, Alacante.


 
Aldara cursa 2º de eso no colexio, ao tempo de estudo ten que sumar moitas horas de adestramento, horas que a levaron a acadar unha 3ª posición na II fase rexional na tempada pasada e unha 5ª posición na I fase rexional da presente tempada.

Noraboa Aldara estamos moi orgullosos, e moito ánimo a todo o equipo para acadar unha boa posición no Campionato de España!

jueves, 14 de febrero de 2019

Iker Arango - fútbol sala


Iker ademais de estudar 4º de ESO adica moitas horas aos adestramentos de fútbol no equipo C. D. Areosa e de fútbol sala no equipo Vigo 2015. Todo este esforzo tivo a súa recompensa ao ser convocado pola Selección Galega de Fútbol Sala para xogar o Campionato de España na categoría sub16.

No que levan de competición Iker achegou 5 goles ao total marcado pola selección, que obtivo victorias moi salientables. Nesta fase previa, xogada en Almendralejo (Extremadura), os resultados foron:
Galicia 7-0 Illas Baleares
Galicia 9-0 Melilla
Extremadura 1-9 Galicia

Estes resultados dánlle paso á Fase final do Campionato de España, que se xoga os días 15, 16 e 17 en "Las Rozas, Ciudad del Fútbol"; na que xogarán contra Castela a Mancha

Moita forza e ánimo nesta fin de semana tan importante!!!



lunes, 11 de febrero de 2019

Greta de la Prieta - beca


Greta, que actualmente estuda 4º de ESO, acaba de ser admitida nas becas que outorga a Fundación Amancio Ortega para estudar o vindeiro curso en EE.UU. Para acadalo, ademais de ter unhas calificacións excelentes, foi preciso pasar un exame e unha entrevista persoal.
Noraboa, estamos moi orgullosos de ti e de todo o que estás a conseguir.

Deixámosvos a continuación a experiencia de Greta explicada coas súas propias palabras:

"Hace unos meses, después de haber pasado tres semanas en Reino Unido, gracias un programa del Concello de Vigo (en el cual lo pasé en grande); decidí probar suerte con las becas que ofrece la Fundación Amancio Ortega.
Lo primero que recuerdo es tener que envíar miles de papeles para poder entrar, ser candidata y, ya después, pasar a las pruebas:
La primera fue un exame escrito en el que hay una parte muy grande de listening y otra no tan duradera de writing a la que se presentaron ochocientas personas de toda Galicia, yo, una de ellas.
Conseguí pasarla junto a otras trescientas personas, lo que significó que ya solo quedaba la segunda y última prueba: la entrevista por Skype; para la cual tuve que hablar sobre un tema en inglés durante unos minutos y después, responder a unas preguntas.
Al finalizar la entrevista no me sentía muy segura, solo cien personas podían salir elegidas... pero una semana después cuando publicaron los resultados ahí estaba yo, en la primera página de seleccionados. No me lo creía pero era muy real.
No supe si iría a EE.UU. o Canadá hasta tres días después. Finalmente parece que mi destino será EE.UU. Tengo un cúmulo de emociones indescriptibles.
Greta de la Prieta"