![]() |
Entrega do diploma polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. |
![]() |
Yael co diploma e os premios que recibiu polo seu deseño |
![]() |
Entrega do diploma polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. |
![]() |
Yael co diploma e os premios que recibiu polo seu deseño |
Pablo Pérez Berto, alumno de 1º de primaria, participou xunto aos seus compañeiros de equipo do ximnasio Penta Deporte&Salud no Campionato galego de Kung- Fu Moderno 2022, quedando 3º clasificado de EQUIPO “FORMAS” na categoría Prebenxamín.
Noraboa Pablo!
A continuación podedes ver algunhas fotos do campionato.
Mencía acadou o posto finalista no XI Certamen Literario Ricardo León, Categoría Xuvenil, celebrado no Concello de Galapagar (Madrid) o pasado martes 30 de novembro.
O acto no que se anunciaron os gañadores tivo lugar na Biblioteca Municipal Ricardo León. Neste acto, Mencía, como autora finalista co seu relato "Yo no soy Cenicienta", obtivo un diploma e un exemplar do libro cos textos finalistas e gañadores desta edición.
Non podemos deixar de salientar que Mencía resultou gañadora co relato «Metamorfosis» na pasada edición deste mesmo certame e na mesma categoría.
Se queredes saber máis sobre outros premios acadados por ela en anos anteriores podédelos atopar nesta mesma bitácora: aquí e aquí. Temos moita seguridade en afirmar que haberá máis premios.
Segue perseguindo o teu soño!