viernes, 21 de abril de 2017

Mario Cebreiro - tenis de mesa

Do 11 ao 16 de abril celebráronse en Narón os campionatos galegos de tenis de mesa de diversas categorías.
Nesta competición Mario conseguiu ser Campión Galego por Equipos na categoría Xuvenil co seu equipo da A. D. Vincios Gondomar
Temos que darlle a noraboa por partida dobre pois tamén acadou o primeiro posto por equipos na categoría sub-23 quedando Campión Galego por equipos sub-23.
Non quedan aquí as boas novas que nos trae Mario pois quedou seleccionado para participar coa Selección Galega de tenis de mesa  no Campionato de España en Idade Escolar que se celebrará do 28 de abril ao 1 de maio en Murcia. 
Moito ánimo para esta próxima competición, eres un campión!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario