miércoles, 26 de abril de 2017

Dana Freire e Nicolás Gómez - baile deportivo



Dana e Nicolás, adestran no Club de baile deportivo Al Compás son campións de Galicia de baile estándar e subcampións en latino
Este pasado sábado, día 22 de abril, bailaron para o programa Aquí Galicia emitido en directo desde Arbo pola TVG.
Deixámosvos outro vídeo no que tamén podedes ver a entrevista que lles fixeron antes de actuar.
DanaNico_entrevista_AquíGalicia_abril2017 from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

viernes, 21 de abril de 2017

Mario Cebreiro - tenis de mesa

Do 11 ao 16 de abril celebráronse en Narón os campionatos galegos de tenis de mesa de diversas categorías.
Nesta competición Mario conseguiu ser Campión Galego por Equipos na categoría Xuvenil co seu equipo da A. D. Vincios Gondomar
Temos que darlle a noraboa por partida dobre pois tamén acadou o primeiro posto por equipos na categoría sub-23 quedando Campión Galego por equipos sub-23.
Non quedan aquí as boas novas que nos trae Mario pois quedou seleccionado para participar coa Selección Galega de tenis de mesa  no Campionato de España en Idade Escolar que se celebrará do 28 de abril ao 1 de maio en Murcia. 
Moito ánimo para esta próxima competición, eres un campión!!!