miércoles, 30 de noviembre de 2016

Irene Correa - Modelismo

En setembro do pasado ano Irene participou no Concurso Internacional Anual de Modelismo Espimodel 2015 organizado polo Nucleo de Modelismo de Espiño en Portugal.
Irene participou cunha maqueta de plástico a escala 1/72 do avión soviético Yakolev Yak-9D da II Guerra Mundial pintado a pincel e aerógrafo quedando, con este traballo, como primeira clasificada na classe I1 xuvenil, sendo a súa, a mellor obra da categoría.
Foi salientable o feito de ser a única rapaza que participou no certame de todas as categorías.
   
Espimodel non foi o primeiro concurso para Irene, xa tiña participado no 2013 no Concurso Internacional Anual que se celebra pola Semana Santa na cidade de A Coruña organizado polo Centro Cultural Escala desa mesma cidade.
Nesta ocasión participou cunha maqueta en plástico a escala 1/72 dun avión xaponés, o AICHI D3 A1 da II Guerra Mundial acadando, en categoría Infantil o premio era igual para todos, unha medalla de recordo e unha maqueta para montar.








miércoles, 23 de noviembre de 2016

Nur González - Loita libre olímpica

Nur ven de quedar campiona en Portugal na Copa Alads de Loita libre olímpica en modalidade libre feminina represeintando ao clube de Loita Cidade de Vigo na categoría benxamín.
O vindeiro 26 de novembro participará no IX Torneo Ayuntamiento de Barakaldo de luchas olímpicas.
Ánimo Nur!