domingo, 19 de junio de 2016

Dana Freire e Nicolás Gómez - Baile deportivo

Dana e Nico veñen de participar  no XV Trofeo Cidade de Pontevedra celebrado este domingo 19 de xuño. Quedaron campións en categoría benxamín en catro modalidades: standard territorial, latinos territorial, caribeños e tamén en open latino representando ao seu clube, Club de baile deportivo Al Compás.
Latinos territorial

Standard territorial
Caribeños
Open latinos
Noraboa e a seguir traballando arreo para continuar colleitando éxitos!

jueves, 9 de junio de 2016

Nur González - Loita libre olímpica

Nur de 3º de primaria campiona en loita. 

Nur, que adestra no clube de Loita Cidade de Vigo, acadou a medalla de ouro no 1º Campionato de España de grapplin de categoría base celebrado en Bueu o pasado sábado 21 de maio. Noraboa Nur e a seguir adestrando!