miércoles, 20 de abril de 2016

Daniel Pascual - Fútbol


Xogador de Fútbol Revelación
Daniel estuda 6º de primaria e, ademais de traballar arreo para levar os estudos ao día, xoga ao fútbol no Gondomar F.B. desde os cinco anos.
Fai escasos días celebrouse a I Gala do Deporte do Concello de Gondomar onde recibiu o premio ao "Xogador de Fútbol Revelación".


Selección De Fútbol  de Vigo
O pasado decembro Dani entrou a fomar parte da Selección de Fútbol de Vigo na categoría alevín e, este mes de marzo no campo de Caranza en Ferrol, quedaron subcampións na competición comarcal de Seleccións Galegas.


Co seu equipo, o Gondomar F.B., tamén acada bos resultados. Foron campións do XIV torneo de Semana Santa GFB e concedéronlle o trofeo ao mellor xogador do torneo. 
Noraboa Dani, segue loitando polos teus soños!