miércoles, 30 de noviembre de 2016

Irene Correa - Modelismo

En setembro do pasado ano Irene participou no Concurso Internacional Anual de Modelismo Espimodel 2015 organizado polo Nucleo de Modelismo de Espiño en Portugal.
Irene participou cunha maqueta de plástico a escala 1/72 do avión soviético Yakolev Yak-9D da II Guerra Mundial pintado a pincel e aerógrafo quedando, con este traballo, como primeira clasificada na classe I1 xuvenil, sendo a súa, a mellor obra da categoría.
Foi salientable o feito de ser a única rapaza que participou no certame de todas as categorías.
   
Espimodel non foi o primeiro concurso para Irene, xa tiña participado no 2013 no Concurso Internacional Anual que se celebra pola Semana Santa na cidade de A Coruña organizado polo Centro Cultural Escala desa mesma cidade.
Nesta ocasión participou cunha maqueta en plástico a escala 1/72 dun avión xaponés, o AICHI D3 A1 da II Guerra Mundial acadando, en categoría Infantil o premio era igual para todos, unha medalla de recordo e unha maqueta para montar.








miércoles, 23 de noviembre de 2016

Nur González - Loita libre olímpica

Nur ven de quedar campiona en Portugal na Copa Alads de Loita libre olímpica en modalidade libre feminina represeintando ao clube de Loita Cidade de Vigo na categoría benxamín.
O vindeiro 26 de novembro participará no IX Torneo Ayuntamiento de Barakaldo de luchas olímpicas.
Ánimo Nur!




domingo, 19 de junio de 2016

Dana Freire e Nicolás Gómez - Baile deportivo

Dana e Nico veñen de participar  no XV Trofeo Cidade de Pontevedra celebrado este domingo 19 de xuño. Quedaron campións en categoría benxamín en catro modalidades: standard territorial, latinos territorial, caribeños e tamén en open latino representando ao seu clube, Club de baile deportivo Al Compás.
Latinos territorial

Standard territorial
Caribeños
Open latinos
Noraboa e a seguir traballando arreo para continuar colleitando éxitos!

jueves, 9 de junio de 2016

Nur González - Loita libre olímpica

Nur de 3º de primaria campiona en loita. 

Nur, que adestra no clube de Loita Cidade de Vigo, acadou a medalla de ouro no 1º Campionato de España de grapplin de categoría base celebrado en Bueu o pasado sábado 21 de maio. Noraboa Nur e a seguir adestrando!


miércoles, 11 de mayo de 2016

Mario Cebreiro - Tenis de mesa

Mario volve estar no máis alto do podio co seu equipo de tenis de mesa da AD Vincios Gondomar tras quedar como campión galego por equipos e semifinalista individual en categoría infantil no XXIX Campionato Infantil de tenis de mesa que tivo lugar a pasada fin de semana (7 e 8 de maio) en Gondomar.
Campión por equipos
Semifinalista individual
 Noraboa Mario, a seguir dándoo todo!


miércoles, 20 de abril de 2016

Daniel Pascual - Fútbol


Xogador de Fútbol Revelación
Daniel estuda 6º de primaria e, ademais de traballar arreo para levar os estudos ao día, xoga ao fútbol no Gondomar F.B. desde os cinco anos.
Fai escasos días celebrouse a I Gala do Deporte do Concello de Gondomar onde recibiu o premio ao "Xogador de Fútbol Revelación".


Selección De Fútbol  de Vigo
O pasado decembro Dani entrou a fomar parte da Selección de Fútbol de Vigo na categoría alevín e, este mes de marzo no campo de Caranza en Ferrol, quedaron subcampións na competición comarcal de Seleccións Galegas.


Co seu equipo, o Gondomar F.B., tamén acada bos resultados. Foron campións do XIV torneo de Semana Santa GFB e concedéronlle o trofeo ao mellor xogador do torneo. 
Noraboa Dani, segue loitando polos teus soños!

jueves, 31 de marzo de 2016

Mario Cebreiro - Tenis de mesa

Mario segue colleitando éxitos co seu equipo de tenis de mesa da A. D. Vincios de Gondomar. Ven de proclamarse Campión galego por equipos na categoría xuvenil nos Campionatos Galegos Xuvenís celebrados en Noia. Noraboa Mario!

viernes, 19 de febrero de 2016

Dana Freire e Nicolás Gómez - Baile


 Dana de 3º e Nicolás de 2º de primaria son parella de baile no Club de baile deportivo Al Compás. Aínda que Dana xa leva máis tempo bailando e competindo con moi bos resultados, os dous xuntos fai só cinco meses que forman parella artística e xa teñen os seus primeiros premios:

Primeiros en baile estándar no campionato territorial.

Segundos en baile latino no campionato territorial.

Terceiros  no campionato galego de dez bailes.

Noraboa , estamos moi orgullosos de vós!