miércoles, 10 de junio de 2015

Santiago Martínez - Fútbol

Santiago está rematando 2º de primaria. Adestra no Sárdoma C.F. , o pasado 30 de maio quedou campión galego xunto co seu equipo na categoría prebenxamín "A". Noraboa Santi!

Santi cos compañeiros de equipo.






martes, 9 de junio de 2015

Cristina Martínez - Natación Sincronizada


Cristina estuda 5º de primaria pero tamén adica moitas horas a adestrar natación sincronizada no Real Club Náutico de Vigo. O pasado sábado 6 de xuño quedou subcampiona galega co seu equipo na categoría Base II. A nosa noraboa Cris!!
Cristina coas compañeiras de equipo




miércoles, 3 de junio de 2015

Anxo Oterino - Hip Hop

Anxo, que está rematando os estudos de 3º de primaria, destaca como bailarín, a súa especialidade é o Hip hop e ensaia na Escuela de Danza Miriam Pino.
Este ano obtivo varios premios en baile individual.
Aquí quedan os vídeos para que vexades que ben o fai. Moi ben Anxo!
video
Baile -anaprode-

video-
Competición a nivel nacional en Asturias -anaprode- acadou o 1º premio (marzo)

video

Competición a nivel nacional en Tarragona -anaprode- acadou o 3º premio (maio).

 

 Concurso en Televigo PequeEstrelas (maio).

viernes, 29 de mayo de 2015

Mario Cebreiro - Tenis de mesa


Mario Cebreiro estuda 2º de ESO poñendo esforzo no estudo para tirar moi boa nota e aínda así saca tempo para acodir ao seu adestramento de Tenis de mesa no Clube A. D. Vincios de Gondomar con fantásticos resultados nas competicións. Moi ben Mario!

2015
Campión galego por equipos en categoría infantil.
Semifinalista en dobres en categoría infantil.
2014
Campión Galego por equipos na categoría infantil.
2013
Subcampión Galego por equipos na categoría alevín.
Subcampión Galego en dobres na categoría alevín.


    jueves, 28 de mayo de 2015

    Gabriel Freire - Kung fu

    Gabriel está estudando 5º de primaria. Compaxina o seus estudos cos adestramentos de Kung fu na Asociación de Veciños de Cabral. Xa é cinto azul e na última competición quedou terceiro clasificado no campionato territorial.  O próximo día 14 competirá no campionato galego. Ánimo e a facelo moi ben Gabriel!










    • Terceiros clasificados na competición territorial


    martes, 26 de mayo de 2015

    Saúl González - Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana

    Saúl estuda 2º de ESO e adestra no Clube de Loita Cidade de Vigo dúas modalidades de loita, Loita libre olímpica e Loita grecorromana en categoría escolar. Leva xa dous anos colleitando éxitos, moi ben Saúl!

    2014
    • Subcampión en loita grecorromana no campionato galego celebrado en Vigo.
    • 3ºposto en loita libre olímpica no campionato galego celebrado en Vigo.
    • Subcampión no Torneo Internacional de Braga, Portugal.
    2015
    • Campión no Campionato Internacional de Barakaldo de loita libre.
    • Subcampión no Campionato Galego de Loita Libre celebrado en Pontevedra.
    • 4º posto no Campionato de España de Loita Grecorromana.
    • Subcampión no Campionato Internacional de Loita Libre celebrado en Setúbal, Portugal.



    lunes, 25 de mayo de 2015

    Nur González - Loita Libre Olímpica


    Nur estuda 2º de primaria e adestra loita libre no Clube de Loita Cidade de Vigo. Hai pouco que empezou a adestrar pero xa é toda unha campiona:

    • Dúas veces campiona galega (2014 e 2015) na categoría pre-benxamín. 
    • Campiona no Torneo Internacional de loita celebrado no 2014 en Braga.
    • Campiona tamen este ano 2015 no Torneo Internacional cidade de Barakaldo. 
    video

    jueves, 7 de mayo de 2015

    Antía Álvarez- Hípica


    Antía estuda 3º de ESO e ademais é unha grande amazona. Pasa grande parte do seu tempo libre adestrando no Club Hípico El Alazán. Da súa participación no Campionato Galego de Saltos de Obstáculos obtivo a medalla de bronce dous anos consecutivos. Noraboa Antía, segue así!
    video

    2013
    2014




    miércoles, 6 de mayo de 2015

    Dana Freire - Baile Latino

    Dana e a súa parella de baile Rubén
    Dana estuda 2º de primaria, é unha nena moi inquieta á que lle encanta o baile. É por iso polo que lle adica o seu tempo de lecer a entrenar na Club de baile deportivo Al Compás.

    O pasado 19 de abril Dana quedou subcampiona no Campionato galego en baile latino, campiona na categoría de benxamín e subcampiona do Open Internacional.
    Agora está preparándose para participar no campionato de España que se vai celebrar en Narón. Moita sorte Dana!

    video


    martes, 5 de mayo de 2015

    Aroa Coello - Show Dance



      
    Aroa está estudando este curso 4º de ESO e ademais do esforzo que isto conleva saca tempo para entrenar Show Dance na academia de baile Media Punta en Bouzas con moi bos resultados en competicións internacionais.


    • Novembro de 2013 queda campiona co seu equipo no Campionato do Mundo de Show Dance.
    • Novembro de 2014 queda subcampiona co seu equipo no Campionato Mundial de Show Dance e cuarta no Campionato Europeo.