viernes, 12 de mayo de 2023

Yael Fernández - debuxo

Entrega do diploma polo alcalde de Vigo, Abel Caballero. 
Yael, alumno de 5º de primaria, obtivo por segunda vez un premio no certame de pintura "As luces de Vigo no Nadal"  que se realiza no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).

Yael co diploma e os premios que recibiu polo seu deseño
Sigue gozando co debuxo e que estes sexan os primeiros logros de moitos!

Segue así Yael!

 

miércoles, 22 de junio de 2022

Pablo Pérez - kung fu

Pablo Pérez Berto, alumno de 1º de primaria, participou xunto aos seus compañeiros de equipo do ximnasio Penta Deporte&Salud no Campionato galego de Kung- Fu Moderno 2022, quedando 3º clasificado de EQUIPO “FORMAS” na categoría Prebenxamín.

Noraboa Pablo!

A continuación podedes ver algunhas fotos do campionato. 






martes, 21 de junio de 2022

Ian Álvarez - literatura


Ian, alumno de 4º de ESO, quedou finalista no "9º Concurso Literario Escolar EXPEDICIONES MILITARES, CONTRIBUCIÓN AL CONOCIMIENTO" o tema nesta convocatoria foi " Carta a un militar".
Noraboa Ian por este premio, estamos moi orgullosos!





 

miércoles, 15 de diciembre de 2021

Mencía Jorge - literatura


 

Mencía acadou o posto finalista no XI Certamen Literario Ricardo León, Categoría Xuvenil, celebrado no Concello de Galapagar (Madrid) o pasado martes 30 de novembro.

O acto no que se anunciaron os gañadores tivo lugar na Biblioteca Municipal Ricardo León. Neste acto, Mencía, como autora finalista co seu relato "Yo no soy Cenicienta", obtivo un diploma e un exemplar do libro cos textos finalistas e gañadores desta edición. 



Non podemos deixar de salientar que Mencía resultou gañadora co relato «Metamorfosis» na pasada edición deste mesmo certame e na mesma categoría.

Se queredes saber máis sobre outros premios acadados por ela en anos anteriores podédelos atopar nesta mesma bitácora: aquí e aquí. Temos moita seguridade en afirmar que haberá máis premios.

Segue perseguindo o teu soño!


miércoles, 24 de noviembre de 2021

Daniela Puga - patinaxe artística



Daniela competiu  no Campionato Copa Federación de patinaxe artístico libre celebrado en Santiago de Compostela o pasado día 6 de novembro quedando campiona da categoría Infantil.


 Daniela estuda 1º de ESO polo que as horas de estudo ten que sumar moitas horas de adestramento co seu club Patinaxe Artística Arealonga Chapela.

Noraboa Daniela estamos moi orgullosos dos teus logros! 





 


martes, 3 de marzo de 2020

Uxía Pinal - disfraz


Uxía sempre nos sorprende polo entroido cos seus disfraces e, desta volta, decidiu presentarse ao concurso solidario que organizou o Centro Comercial Gran Vía o pasado 24 de febreiro acadando o 3º premio en categoría individual.
A nosa noraboa Uxía! 



lunes, 24 de febrero de 2020

Mencía Jorge - literatura

Mencía recibiu o pasado decembro, das mans do presidente de FUNDAMAR, o premio como gañadora do I Certame Literario Os tesouros do mar convocado por FUNDAMAR
Se queres saber máis sobre este acto e a firma de exemplares do seu conto non dubides visitar o blog de EVENTOS do colexio.
Noraboa Mencía! non deixes de perseguir o teu soño.